Vivimos nun sistema que non é bondadoso nin xusto, que condena a moitas persoas á pobreza e á exclusión social. Por este motivo, dende a REDE DE APOIO MUTUO, constitúe-se unha Comisión de Xustiza Social para abordar as problemáticas derivadas desta situación.
Esta Comisión de Xustiza Social deberá dotarse de ferramentas sociais, xurídicas e técnicas para afrontar as diferentes situacións que se poidan presentar. É por iso que xorde, o 'Peto Solidario'.
O 'Peto Solidario' é un fondo económico que se dota de diferentes achegas voluntarias, tanto de persoas, coma de entidades ou de actividades que poidan programar de forma expresa, para dotar-se economicamente.
Este 'Peto Solidario' estará composto por unha Conta, unha Comisión Social Técnica e un Regulamento para o seu uso.
Regulamento do 'Peto Solidario' da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
- Demandas: As peticións do 'Peto Solidario' serán canalizadas e formalizadas a través da Comisión de Xustiza Social, que designará ás persoas encargadas na tramitación e posterior avaliación, mediante informe e proposta de resolución.
- Propostas de resolución: A Comisión Social Técnica será a encargada de recibir os informes e tomar decisións. No caso de cualificar a proposta de xeito negativo, esta será argumentada, para posteriormente avaliar na Comisión de Xustiza Social. No caso da cualificación afirmativa, da proposta, esta terá carácter EXECUTIVO.
En todo caso, as decisión serán tomadas en función do saldo e previsións do 'Peto Solidario'. - As entidades ou persoas beneficiarias do 'Peto Solidario' asinarán un 'Documento de Compromiso' que será elaborado polas mesmas persoas que designe a 'Comisión de Xustiza Social', como relatoras dos informes e propostas.
|||||||||||||